EL CASTRO

cropped-vista-general-del-castro.jpg

Vista xeneral del Castro del Chao Samartín dende el Museo.

VISITA VIRTUAL CASTRO fala

EDÁ DEL BRONCE

Alredor del ano 800 a.C., na parte máis alta da elevación del Chao Samartín y al pé d’un penedón, un grupo de personas fain úa gran cabana comunal (55 m2), que cercan e guardan con un zarramento de madera d’us 4 m d’anchura.

Algús estudiosos quixeron ver nestas primeiras estructuras us caracteres culturales ben marcaos e non domésticos, visto lo atopao neste espacio mentres duraron as escavacióis arqueolóxicas.

EDÁ DEL FERRO. CULTURA CASTREÑA

En Asturias, despós del siglo VII a. C. y hasta qu’entraron na órbita del mundo romano, empeza a xurdir e medrar un xeito novo de poblao fortificao: os castros.

Van tar asentaos en sitos xeoestratéxicos del territorio, querse dicir, naquel territorio unde podan controlar y esplotar os recursos, materias primas, defensa e comunicacióis que yes deixe medrar e desenvolverse.

Os castros deféndense sobre todo con furadas e murallas, pechando e guardando un recinto unde se facerán as casas y outras estructuras d’uso comunal.

Nalgús castros, como é el caso del Chao Samartín, as murallas presentan un rasgo singular, tán feitas en tramos independentes y amecidos us a os outros, ou “módulos”. Este xeito de murallas foron definidas por primeira vez pol arqueólogo e profesor José Luis Maya González, nos anos 80 del siglo pasao.

Os modelos de casas d’este periodo son variaos, dende as de pranta rectangular d’esquinas redondiadas hasta as de pranta en redondel, espacio único e sin xebrar, muros feitos con pedra (louxa e cuarcita) e cubertas en materia vexetal.

A praza aberta e cuberta, el edificio balneario (xa d’época romana) y as cayes enlouxadas son, entre outras, as infraestructuras comunales máis importantes del poblao.

ÉPOCA ROMANA

A chegada dos romanos al castro trai cambeos grandes e novedades, que se van ver nas estructuras e nos obxetos recuperaos d’ese momento. Por exemplo, esto espéyase na chegada d’obxetos e productos importaos de lonxe, a incorporación de costumes novos, el uso da escritura y a moneda, a división das casas, as cubertas con louxa ou a construcción d’úa gran casa al máis puro e clásico estilo romano: a Domus.

Este poblao, a antigua Ocela, chega de repente al sou final na mitá del siglo II da nosa era.

EDÁ MEDIA

Entre el siglo VII e X, e nel espacio unde taba feita a domus romana veya, faise úa necrópolis unde homes, muyeres e nenos tuveron el sou último descanso entre os restos del poblao veyo. É el último eco histórico de relevancia d’este montículo amesetao sobre el río Cabalos.